ARROZ CON CHOCOS
crtvg.es ARROZ CON CHOCOS - RECEITA 1
Ingredientes: (4 persoas)
chocos grandes, 2 kgs.
arroz, 250 grs.
cebolas, 2
pemento verde, 1
pemento, 1 culleradiña
azafrán, 1 febra
tomates, 2
aceite
sal
Preparación:
Nunha cazola con aceite dóuranse as cebolas e o pemento ben picado,
engádenselle os chocos en anacos e déixase ferver uns minutos. Despois,
bótanselle os tomates, o pemento e a febra de azafrán e déixase ferver a
pouco lume ata que estean tenros. Incorpóraselle entón o arroz, a tinta
dos chocos e dúas cuncas de auga. Déixase ferver uns 15 minutos, adóbase
ó gusto e retírase.
Restaurante Cíes
