A Festa da Istoria, en Ribadavia
Esta tradicional actividade ribadaviense é froito dunha recuperación histórica cuio documento máis determinante atopouse no Arquivo Histórico Provincial de Ourense nun legado que data do ano 1693 pertencente ó Libro de Contas dos Procuradores Xerais da vila.
A
actual versión da Festa da Historia é unha traslación no tempo da
celebrada nesta vila, ata o século XIX, e que se encadraba nos festexos
da Virxen do Portal, Patrona do Ribediro.
Dentro dos obxetivos básicos da Festa da Historia, sobresaen a recuperación de tradición ancestrais e históricas, que formaron a propia historia da vila de Ribadavia e da súa bisbarra. A posibilidade de divulgar máis alá de Galiza, unha parte da historia Galega, é posibel gracias ó esforzo conxunto dos veciños de Ribadavia, coa recuperación da istoria
Neste ámbito a istoria permite coñecer oficios que hoxe en día están en
decadencia ou xa se esqueceron, tales como ferreiros, carpinteiros de
armar, toneleiros, zoqueiros, canteiros, cesteiros, e un longo etcétera
de tradicións artesanais de grande incidencia na historia económica de
Galiza.
A organización da Festa é responsabilidade dum amplo colectivo vecinal,
que se renova cada ano, denominado
Coordinadora da Festa da istoria. Está composta por vecinos que,
uns a título individual e outros coma representantes de diferentes
organizacións culturais do municipio, queren contribuir, asumindo
responsabilidades, a desenrolar ás distintas actividades que se realizan
o día da Festa seguindo o criterio de traballo realizado en anteriores
edicións.
O criterio de traballo baséase sempre en manter o rigor histórico que debe ter cada actividade ou acontecemento que se represente. Así téñense en conta as características e os nomes das edificacións e lugares onde se fai calquera actividade, para respetalas coma no medievo, non permitindo a circulación de productos non existentes naquela época, coma os envases de plástico, etc.
Tamén dase unha especial importancia á vestimenta. A coordinadora da Festa , conta con tres almacéns propios onde se ubican as diferentes posesións das que dispón. Así o almacén de madeira contén todo o correspondente os postos de artesáns, torneo medieval, vallas, etc. O de roupa, dispón de máis de mil traxes para aluguer e vestimenta de convidados e membros que participan no evento. E o almacén de estandartes e barro posúe máis de cincocentos estandartes e pendóns que serven para engalanar as rúas, o castelo, e lugares onde se fan outras actividades coma a cea medival, a voda xudea, a música medieval, o teatro ...
A Festa da Istoria celébrase en Ribadavia cada ano na última semana de agosto.
ACTIVIDADES DA FESTA DA ISTORIA
PREGÓN

O pregón da "Festa da Istoria" serve para situarnos e introducirnos na historia medieval e na propia Festa, utilizando para iso un feito histórico real ou imaxinario relacionado con Ribadavia ou o Ribeiro.
O Pregoneiro, persoa relacionada con Ribadavia e a "Festa da Istoria", trata de impregnar ós ali presentes do espirito do medievo para disfrutar dun día de lembranzas en paz e camaradería.
BANDO
Un pobo culto sabe tratar sempre ós seus visitantes . Como todo Bando
este é un anuncio e unha proclamación dun acontecemento , neste caso
festivo , que pretende invitar a ribadavienses , ribeiráns e forasteiros
a facer súa a alegría da festa.
Un heraldo que percorre acompañado por músicos con percusión as rúas e
prazas da Vila. fai públicas disposicións e requerimentos para
embelecemntos de fachadas e fiestras, para a limpeza das rúas , para a
oferta , suministro e presentación de viños e alimentos e , moi
especialmente , para asegurar a circulación da moeda oficial da festa:
o marabedí.
Despois das noticias e prescricións, remata o Bando de la Istoria :
"...E por último ordenaron e mandaron , que ó que a comida e bebida se
refire sexa de abundancia de anos anteriores , así coma a hospitalidade
da que é habitual neste termo. Que na saída da comitiva repiquen todas
as campás que na vila hai e que tanto as casas do vecindario , castelo
dos Sarmientos e casa do Concello se fagan ondear ó vento tódalas
bandeiras e insignias do Condado , ó vento da nosa historia , que se
abran as páxinas máis belas e creativas dela , para que ese vento traia
a Ribadavia unha Istoria feliz para todos".
(Cita do autor : Samuel Eijan o Meruéndano).
O DESFILE
Cando un pobo representa o pasado enorgullécese da súa historia. O
Desfile, acto inicial da Festa, é a actividade máis espectacular e
multitudinaria. É a representación visual da Historia, tanto no
referente ó distinto vestiario da época como as diversas actividades do
día.
Ordenadamente acompañan ó Rei os seus cabaleiros, o Cetreiro Maior e o
paxe portador da espada. A Raíña marcha un pasos atrás, acompañada das
doncelas e donas importantes do reino.
Trala
Raíña, o Adiantado Maior de Galicia, tamén Señor de Ribadavia, que
aparece acompañado dos seus cabaleiros a pé.
A representación eclesiástica vai encabezada polo Bispo de Tui, diferentes
ordes relixiosas e demais membros da Igrexa.
Posición destacada teñen os Notables da Historia, membros do goberno da
Vila e os defensores (soldados e arqueiros) da fortaleza de Ribadavia e
as súas murallas. Acompañan á comitiva os cetreiros, as pezas de
xadrez, os saltimbanquis, malabaristas, grupos de animación de rúa e o
Pobo pecha o desfile. Abrindo paso á comitiva os señores da Vila
(Xigantes) Don Pedro e Dona Ana e o Grupo da Historia, que interpretan o
Antigo Himno do Reino de Galicia.
O percorrido do desfile realízase pola rúa principal da vila e remata na
Praza Maior, onde o Rei, a Raíña e o Adiantado Maior de Galicia teñen os
seus tronos preparados para dar comezo ós actos da Istoria
BAILE
MEDIEVAL
Antes do século XIII a información dispoñible é moi escasa. O pouco que
sabemos sabemos procede de testemuños de pintura eescultura ou de
referencias en literatura.
Sabemos que en tempos dos trobadores entre as distintas clases de cancións
estaba a canción para bailar o CAROLA, unha canción para acompañar dunha
danza, que parece ser tivo dúas formas: a BRANLE (danza en
corro) e la FARANDOLA (danza en liña)
O século XIV, ten moi poucas referencias documentais sobre a danza, aínda
omo recolle Boccaccio, no seu Decameron, os xoves bailaban dúas veces ó
día despois das comidas, pero sen referencia ó tipo de bailes.
Co século XV entramos no periodo do que temos constancia documental sobre
a forma de danza e de cómo se bailaban. Son as chamadas BASSE DANSES de
Nancy de 1445, as de CERVERA en Lleida e o coñecido como "LIBRO DE BASSE
DANSE DE MARGARIDA DE AUSTRIA" da Biblioteca Real de Bruselas. En teoria
a BASSE DANSE contén só catro tipos de pasos distintos: un par de
simples, un número impar de dobles, un número impar de reprises e un
paso chamado branle (unha media)
O "Grupo de Baile Donas sen Cabaleiros" composto aproximadamente
por 50 voluntarias amosan ós visitantes na Praza Maior os modos de baile
da epoca medieval.
ALHÓNDICA
A recuperación do
marabedí coma moeda de uso exclusivo na "Festa da Istoria"
foi un proceso longo e discutido dentro da Coordinadora e de moi difícil
posta en practica no desenrolo da Festa. Hoxe en día cremos que esa
arriscada aposta ten unha grande importancia no que se refire ó rigor
histórico que se pretende e á propia financiación da Festa.
É o seu uso obrigatorio nos postos da rúa e de artesáns e de uso
recomendable en tódolos establecementos da vila. Cada ano imprímense
marabedís de sete valores, que foron evoluíndo dende os seus comezos ata
convertese en realizadas a plumilla de imaxes da propia Festa e
monumentos de Ribadavia. Pódense adquirir coleccións numeradas de
tódolos anos no que se usou coma moeda oficial.
Para
que todo isto funcione cóntase coa participación de voluntarios que se
organizan por turnos para facilitar o numeroso cambio que se solicita.
Ademais organízanse "Caixas Rápidas" que realizan cambios fixos, dando
así axilidade ó troco por parte de veciños e visitantes.
A primeiras horas da tarde xa se poden volver a trocar os marabedís
sobrantes por euros.
É tamén o chamado "Banco Alhondiga" o encargado de facer os cambios
a tódolos postos, artesáns e negocios da vila en horarios establecidos
pola Coordinadora.
VODA XUDÍA
No pasado, e hoxe en día nalgúns círculos relixiosos, a elección da
parella non era feita polos noivos senón pola
propia
familia e dentro desta, principalmente, os pais eran os que
escollían o futuro do seu fillo ou filla.
A cerimonia efectuábase baixo un palio chamado "Jupá" . O
oficiante, xeralmente un Rabino, era quen casaba á parella. Despois da
cerimonia o noivo rompía cos pés unha copa de viño, amosando a súa
ledicia polo casamento.
Dentro da "Festa da Istoria" a voda xudía limítase a unha día
representación do que foi unha realidade. A actividade é seguida por
centos de persoas tanto na súa cerimonia como no percorrido polas rúas
do casco histórico, debido á singularidade do vestiario e os cánticos
sefardís que recrean o ambiente daquela época.
XADREZ XIGANTE
Representación dun xadrez vivinte con personaxes vestidos de época.
CEA MEDIEVAL
A Cea Medieval lévase a cabo dentro da Igrexa da Magdalena,
no mesmo centro do casco histórico. O número de persoas que poden
participar é de cen e o prezo por persoa é de 45 Marabedís, podendo
disfrutar de productos medievais nun entorno único decorado e engalanado
para a ocasión.
Menú:
* Empanadas de anguías e vieiras
* Castañas cocidas con chourizos
* Peixes de río, angulas ou lamprea.
* Cabrito ó espeto
* Viños tinto e branco Ribeiro
* Doces artesanais
* Augardente de herbas
* Licores varios (mora, pera, etc.)
-
Ler máis: O barrio xudío de Ribadavia
FONTES DE INFORMACIÓN: www.ribadavia.net, www.festadaistoria.com e www.agalicia.com
