25 de Xullo : Día da Patria Galega

O 25 de xullo celébrase o día do noso país.
É unha data de fondo contido histórico que supón, en palabras de Castelao:
"a festa maor de Galicia, a festa de todol-os galegos".
PROCLAMA PUBLICADA POR "A NOSA TERRA" (1920)
PROCLAMA PUBLICADA POR "A NOSA TERRA" (1921)
PROCLAMA PUBLICADA POR "A NOSA TERRA" (1935)
"GALIZA É UNHA AUTÉNTICA NACIONALIDADE"
DISCURSO "ALBA DE GRORIA" DE CASTELAO (25 -xullo-1948
A NOSA TERRA: PORTAVOZ DAS IRMANDADES DA FALA
MANIFESTO DA ASAMBLEA NAZONALISTA DE LUGO
"Cando a Santa Compaña de inmortaes galegos, que acaba de
pasar por diante da nosa imaxinación, se perde espesura d-unha foresta lonxana,
con esa mesma imaxinación veremos xurdir do Humos da terra-nai, da terra, da
nosa terra, saturada de cinzas humáns, unha infinida moitedume de luciñas e
vagalumes, que son os seres innominados que ninguén recorda xa, e que todos
xuntos forman o substractum insobornabel da patria galega. Esas ánimas sen nome
son as que crearon o idioma que en que eu vos estou falando, a nosa cultura, as
nosas artes, os nosos usos e costumes, i en fín, o feito diferencial de Galiza.
Elas son as que, en longas centurias de traballo,
humanizaron o noso territorio
patrio, infundíndolle a todal-as cousas que na paisaxe se amostran o seu propio
esprito, co que pode dialogar o noso corazón antigo e panteita. Elas son as que
gardan e custodian, no seo da terra-nai, os legados múltiples da nosa tradición,
os xerms incorruptibeis, da nosa futura hestoria, as fontes enxebres e purísimas
do noso xenio racial. Esa moitedume de luciñas representa o pobo, que nunca nos
traicionou, a enerxía coleitiva, que nunca perece, i en fín, a espranza celta,
que nunca se cansa. Esa infínda moitedume de luciñas e vagalumes representa o
que nós fomos, o que nós somos e o que nós seremos sempre, sempre, sempre.
Velahí o que eu quería dicir n-este Día de Galiza, en loubor da nosa Tradición,
por riba da nosa Hestoria, a todo-los galegos que residen n-esta terra que para
nós é a segunda patria. E nada máis, amigos e irmáns.
Que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume
nunca deixe de quentar os vosos fogares."
(CASTELAO, discurso "Alba de Groria" - Bos Aires, 25 de xullo de 1948).
Escudo deseñado por Castelao
Fonte: www.vieiros.com
